loader image

Curta documental con carácter que descubre a Segunda García, unha muller de 79 anos dunha pequena vila galega e a súa descoñecida vida de aventura.  Un retrato dunha emperadora que nunca permitíu ser a segunda en nada.  

Segunda foi marcada co seu nome cando naceu, pero ela tiña outros plans. Desde un pequeno pobo galego, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo. Neste retrato dunha muller do rural galego, descubrimos os valores de aqueles que unha vez dominaron a historia.   

Segunda II  foi rodado en Carballo, Galicia. Unha oda as gladiadoras que emigraron fóra das nosas fronteiras que nada teñen que envidiar aos grandes conquistadores romanos. 

 

 

Detalles

2023

Drama, Rural, Mulleres
Emigración, Iniciativa Xove

EN POSPRODUCIÓN

 

Asiste á prestrea de Segunda II o 28 de outubro do 2023 no Casino de Carballo. Máis info nas nosas redes.

CRÉDITOS

Guión e dirección  Anita Pico

Dirección de fotografía  Pedro Galbán

Dirección de Produción  Elena Mansinho

Dirección de Arte  Selperia

Edición e Posprodución de Imaxe  Ro López

Deseño de Son  Samuel de Abreu Lago

Axudante de Produción  Claudia Berro

Auxiliar de Produción  Inés Pico

Música Orixinal  Luis Álvarez Cabado

VFX  Ro López

Unha curta protagonizada por  Segunda García

Coa financiación da  Consellería de Política Social e Xuventude

Producción de Henfunk Studio

PRENSA

QUÉ PASA NA COSTA (2023) | https://www.quepasanacosta.gal/articulo/coristanco/segunda-ii-documental-anita-pico/20231013083155149379.html 

NH DIARIO (2023) | https://21noticias.com/2023/10/11/preestreno-del-cortometraje-documental-segunda-en-el-casino-1889/ 

21 NOTICIAS | https://21noticias.com/2023/10/11/preestreno-del-cortometraje-documental-segunda-en-el-casino-1889/ 

COÑECE A NOSA INICIATIVA

A iniciativa Segunda II é moito máis que unha curta. Coa financiación da Consellería de Política Social e Xuventude, abrimos unha conversa sobre a emigración, unha das realidades que máis afectou os nosos maiores en Galicia. 

Segunda García ten 79 anos. Aos 21 anos, decidíu emigrar co seu marido a Alemaña, onde superou numerosas barreras coma a lingua, o traballo e a separación dos seus fillos para labrar un mello futuro para a súa familia. Ela é unha das gladiadoras que loitaron polo seu futuro lonxe da súa terra, Galicia. Neste documental, honramos a súa experiencia, levando a cabo unha metáfora que compara estas mulleres cos antiguos Césares romanos. 

O noso obxectivo é achegar a súa experiencia as novas xeracións, presentando o seu relato dende unha forma dinámica e de entretemento. 

Segunda II ofrece unha homenaxe ás mulleres emigradas durante a posguerra dende unha perspectiva completamente diferente. 

STILLS

FIDES. VIRTUS. PIETAS. 

As virtudes romanas son unha serie de valores na Antiga Roma consideradas como fundamentais para todos os cidadáns romanos. Son calidades de vida ás que todos os cidadáns romanos deberían aspirar. Son o corazón da Via Romana — a Maneira Romana — e para moitos historiadores foron estas calidades as que deron á República Romana a forza moral necesaria para conquistar e civilizar o mundo. 

Segunda II atópase actualmente en fase de POSPRODUCIÓN de cara ao circuito de festivais.